domingo, 13 de abril de 2014

TVG: En Viveiro todo preparado para a celebración da Semana Santa...




TVG - Telexornal Serán
En Viveiro todo preparado para a celebración da Semana Santa
Son os últimos retoques antes da apertura ao público mañá da carpa museo na que se exhibe a imaxinería da Semana Santa de Viveiro. A deste ano, será unha das celebracións máis especiais para os viveirenses, terá proxección mundial. Xa que é a única en Galicia e no resto do norte de España declarada de Interese Turístico Internacional.

"Isto obríganos a que non poidamos quedar ancorados e facer cousas novas. Pensamos que estamos cumprindo os obxectivos e que a resposta vai ser boa"

A Semana Santa de Viveiro é unha das máis antigas de Galicia, celébrase ininterrompidamente dende o século XIII, de aí o seu gran valor histórico-artístico pero non debemos esquecer o seu atractivo turístico. Este ano contarán cunha axuda de 40.000 euros da Xunta destinada á súa divulgación. E que mellor divulgación que estar presentes nas novas tecnoloxías, terá a súa propia aplicación para móbiles dende a que se poderán consultar os horarios e percorridos das procesións. É outra das novidades deste ano.






0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis