viernes, 27 de abril de 2012

I Encontro de confrarías penitenciais en Viveiro...


FARAGULLAS
I Encontro de confrarías penitenciais en Viveiro
FÉLIX VILLARES MOUTEIRAS
27 de abril de 2012 12:56



A cidade de Viveiro vai acoller o vindeiro sábado, día vinte e oito de abril, o I Encontro de Confrarías Penitenciais da Diocese de Mondoñedo-Ferrol ó que vai asistir o Bispo da Diocese, monseñor Sánchez Monge. Está prevista a participación de máis de trescentas persoas e haberá, como verse máis adiante, ponecias de tallistas, vestidores e cofrades de Cuenca e Sevilla. O Encontro vai dar comezo ás nove e media da mañá, no Casino de Viveiro, coa entrega da documentación e acreditacións. As dez, terá lugar a inauguración oficial do Encontro. Ás dez e cuarto, César Fernández Cano, Delegado Episcopal de Confrarías de Cuenca terá a primeira ponencia sobre «Situación actual de las Cofradías». Ás once, dous cofrades presentarán un audiovisual da Semana Santa de Cuenca. Despois dun tempo de lecer, ás doce menos cuarto, terá lugar a segunda ponencia a cargo do imaxineiro e escultor José María Hurtado Rodríguez. O vestidor sevillano Diego Gallego García terá a terceira ponencia ás doce e media. Despois haberá un diálogo cos tres ponentes. As dúas da tarde os participantes van pasar o Claustro de San Francisco onde terá lugar o xantar. Para as tres e media está prevista unha visita guiada ó patrimonio artístico de Viveiro, visitando a exposición «Eles tamén foron» sobre os santos laicos na arte cristiá no arciprestado de Viveiro. Ás cinco da tarde, na Igrexa de San Francisco o Bispo da Diocese presidirá a Eucaristía. Para ás seis da tarde está prevista unha procesión extraordinaria coa imaxe do «Ecce Homo dos Franceses», que organiza a Venerable Orde Terceira Franciscana Seglar. Este I Encontro das Confrarías Penitenciais da Diocese de Mondoñedo-Ferrol está previsto que remate ás sete e media da tarde.

Para Saber más Sobre el
I Encuentro Diocesano de Cofradías
de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis