Como ven sendo tradicional dende tempos inmemoriais o primeiro Venres do mes de Marzo, celébrase na CAPELA de NUESTRA SEÑORA DA MISERICORDIA EN VIVEIRO, na que se venera a imaxe do SANTO ECCE-HOMO, o día DAS TRES GRACIAS. Durante todo o día dende as 8 da mañá, ata as 12 da noite son moitas as persoas de toda a bisbarra as que acuden ó templo para solicitarlle ó Santo, con devoción e con fé, tres peticións, e que segundo conta a tradición, concederá una. A imaxe do Santo ECCE_HOMO, (cristo atado a columna) e moi venerada e querida e non so no Concello de Viveiro, senón tamén en toda a comarca, sobor de todo polas xentes do mar, que antes de sair a faenar poñen a proa da embarcación a dita capela para pedir boa singladura, boas capturas e bo regreso a porto. Así mesmo tamén son moitos os que atravesan a ponte da misericordia, que une o casco de Viveiro coa capela, de xionllos. Durante a xornada vanse celebrar tres misas, en horarios das 12.00 h. da mañá, as 18.30 h. e ás 20.30 h. da tarde.
0 comentarios:
Publicar un comentario