A Xunta de Confrarías de Viveiro fai un chamamento ás persoas que teñan no seu poder material gráfico ou documental da Semana Santa para que llo deixen escanear e así «enriquecer o arquivo» que ten o colectivo sobre esta celebración, di a portavoz, María del Carmen López, Chipe.
Desde a Xunta de Confrarías informan que este sábado e o próximo, días 4 e 11, estarán no seu local, situado nos claustros de San Francisco. María del Carmen López recorda que agora a sede está na segunda planta, a continuación das aulas da Uned.
Estes dous días, en horario de cinco a sete da tarde, recollerán «fotos, documentos e demais material» que os adeptos á festividade relixiosa quéiranlles ceder para escanearlos e así pasar a formar parte do arquivo da Semana Santa. Unha vez realizada esta tarefa, seranlles devoltos.
Por outra banda, a Xunta de Confrarías presentará o día 3 de marzo o cartel gañador do concurso que convocou e que servirá para anunciar a edición deste ano da Semana Santa. A gañadora foi María Laura Font, residente na localidade madrileña de Valdemoro, cunha obra á que titulou Santa Veneración.
0 comentarios:
Publicar un comentario