sábado, 12 de abril de 2014

TVG: Viveiro está xa metido de cheo nos preparativos da súa Semana Santa, unha das máis vistosas e multitudinarias do norte do país...




TVG- A Revista
Viveiro está xa metido de cheo nos preparativos da súa Semana Santa, unha das máis vistosas e multitudinarias do norte do país
En Viveiro xa están metidos de cheo nos preparativos da Semana Santa. As súas procesións atraen ano tras ano miles de visitantes, o que lle valeu a Declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

Para que todo estea a punto nestas datas, é fundamental o traballo de varias semanas e de moitas persoas. Entre elas Francisca, máis coñecida como Pacola, que medrou na igrexa de San Francisco entre capas de cores, caparuchos e cordóns.

Xunto coa vestimenta, outro elemento importante é o acompañamento musical que marca os pasos. A banda Tau é unha das tantas formacións que xa está en plenos ensaios. Fundada en 1977, sae a tocar tódolos días da Semana Santa.

Trátase de traballo, pero sobre todo do cariño que poñen estes veciños de Viveiro para que saian as procesións na súa Semana Santa, unha das máis vistosas e multitudinarias do norte do país.

 

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis