Telexornal Serán
Tamborrada en Viveiro e procesión da Virxe da Amargura en Ferrol
É tempo agora de facer un repaso polas principais procesións programadas para este luns de Semana Santa en Galicia. En Viveiro está Demetrio Morenza.
Hoxe en Viveiro é o día da "Tamborrada". Trátase dun desfile polas rúas da vila que está organizado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa. Xunto coa de Viveiro, a outra Semana Santa declarada Festa de Interese Turístico Internacional é a de Ferrol. Alí, ás dez da noite a Confraría das Dores celebra a procesión de Cristo Rei e a Santísima Virxe na súa Amargura.
0 comentarios:
Publicar un comentario