martes, 15 de abril de 2014

TVG: Domingo de Ramos en Ferrol e Viveiro...

Telexornal Serán FDS

Domingo de Ramos en Ferrol e Viveiro

Publicado o 13/04/2014 21:25


Milleiros de persoas asistiron primeiro á bendición dos ramos e as palmas para despois acompañar os pasos nos desfiles

Neste Domingo de Ramos, en que os cristiáns conmemoran a entrada de Xesús en Nazaret aclamado pola multitude, antes da súa paixón, morte e resurrección, celebráronse procesións en todas as vilas galegas. Milleiros de persoas asistiron primeiro á bendición dos ramos e as palmas para despois acompañar os pasos nos desfiles.

En Ferrol o primeiro en saír foi o de Xesús, Amigo dos nenos, da Confraría das Angustias. Unha hora máis tarde, a popular procesión da Burriquiña da Confraría das Dores percorreu as rúas portada por mulleres, mentres que os homes levaron o trono de San Xoán Evanxelista.

Este tamén foi o paso que saíu na primeira procesión da ¨Semana Santa de Viveiro, onde este ano estrean a declaración de festa de interese turístico internacional. O bo tempo achegou á Mariña centos de fieis prá hora da misa que acudiron despois ó desfile.

Foi o inicio oficial dos actos desta semana que agarda reunir milleiros de visitantes nestes dous lugares con gran tradición e tamén noutras vilas e cidades que sacan os seus pasos á rúa.




0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis