miércoles, 2 de abril de 2014

Crónica3: Continúan en Viveiro os actos previos á Semana Santa cunha conferencia de José Manuel Vidal sobre o Papa Francisco...



A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro pon en marcha novas actividades previas á Semana Santa. De feito, este venres 4 de abril a partir das 20.30 horas o Teatro Pastor Díaz acollerá a conferencia “Francisco, el Papa de la primavera y la Misericordia” da man de José Manuel Vidal, director de Religion digital e co-autor do libro “Francisco, el nuevo Juan XXIII”.

“Cremos que sobran razóns para asistir á mesma debido a que o Papa actual é para todos os cristiáns unha persoa cun carisma excepcional, alguén moi cercano e, polo tanto, o poder escoitar algo interesadnte sobre a súa persoa é xa unha cita atractiva. Pero, ademais, se o imos oír dun orador da categoría de José Vidal é máis que suxerente”, anima Mª Carmen López Gómez, portavoz da Xunta de Cofradías.

Outras actividades

Este xoves 3 de abril haberá un concerto no Teatro Pastor Díaz a partir das 20.30 horas a cargo da Banda de Música de Viveiro. Continúa así a programación que levou a Viveiro a Zoar Ensamble o pasado sábado nun concerto “extraordinario” que encheu a igrexa.

A Xunta de Cofradías considera que o Programa de Difusión Cultural “Adral” deste ano 2014 “é de gran calidade”. Polo tanto, “convidamos unha vez máis a que o público de Viveiro non se perda a oportunidade que lles brindamos con estes actos”.

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis