jueves, 7 de marzo de 2013

Viveiro vive a Cuaresma arredor de numerosos actos organizados pola Xunta de Cofradías de Viveiro...


Viveiro vive a Cuaresma arredor de numerosos actos organizados pola Xunta de Cofradías de Viveiro

Cronica3.com A Mariña - 07-03-13


A Xunta de Cofradías de Viveiro organiza dentro do programa de difusión cultura ADRAL diversos actos durante o período de Cuaresma como preludio da Semana Santa.

Este venres 8 de marzo a partir das oito e media do serán o Coro do Conservatorio de Viveiro ofrecerá un concerto na igrexa de San Francisco.

E xa será na vindeira semana cando se intensifiquen os actos que arrincarán o xoves 14 ás oito e media do serán na Sala Multiusos do Concello de Viveiro cun concerto do grupo de clarinetes do Conservatorio “Sol en Cuarta” e do grupo de metais do Conservatorio. O venres 15, á mesma hora, a comisión arciprestal do Ano da Fe organiza a IV Catequese na igrexa de San Francisco baixo o nome “Creo no Espírito Santo”. Así mesmo, o sábado á mesma hora, o teatro Pastor Díaz acollerá o concerto da Banda Municipal de Música de Viveiro.

O martes 22, pola súa parte, celebrarase tamén no teatro Pastor Díaz e ás oito e media unha conferencia a cargo do Rvdo. Casimiro Fernández, párroco de Mugardos, baixo o nome “As confradías: lugar para vivir, celebrar e transmitir a fe”. Ó seu remate presentarase a revista Pregón; e xa o xoves 21 de marzo, será inaugurada a exposición de pintura “Fragmentos de Pasión” de José Luís Neira.

Pregón
María del Carmen Garcimartín Montero pronunciará o pregón da Semana Santa de Viveiro deste 2013 o sábado 23 de marzo a partir das oito e media do serán, sendo presentada pola pregoeira do ano pasado, Luz Pozo Garza. O acto será pechado coa actuación da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.


0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis