A PAIXÓN COLECTIVA DA SEMANA SANTA DE VIVEIRO
Redobran os tambores que rachan o silencio, palpitan as lapas dos velóns, arrastran os hábitos sobre os pés espidos, flirtean as sombras das tallas centenarias sobre os milenarios muros da cidade... Parece un momento sublime: éo, mais é só un máis dos moitos que se viven en Viveiro durante a Semana Santa. Serán 40 pasos distintos que en 15 procesións fan desfilar as oito confradías. E fano desde 1214, cando se fundou a decana das confradías, a Venerable Orde Terceira Franciscana, probablemente a máis antiga de España.
Os pasos atópanse tamén entre os máis artísticos e antigos da Península, moitos deles de autores descoñecidos, pero cun gran valor, tanto na orfebrería como na imaxinería; sobrios, serios, ás veces dramáticos, como toda a celebración deste antigo burgo medieval, que se desenvolve con gran fervor e respecto á tradición. A celebración da Semana Santa vivariense alcanzou a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional no ano 1988 e agora está a piques de acadar a categoría de Interese Internacional. É considerada a mellor Paixón de Galicia, tanto pola riqueza das súas imaxes como pola súa antigüidade.
Os actos centrais dan comezo este Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, ata o Domingo de Resurrección. Oito confrarías e irmandades compoñen a xunta de confradías, encargada de coordinar os diferentes actos procesionais que representan a Paixón de Cristo. Nesta Semana Santa aúnanse tradición e innovación, pois ao longo dos séculos seguiu un continuo proceso de mellora -novas procesións, incorporación de imaxes-, pero sempre coa sobriedade e humildade coas que as ordes dos franciscanos e dominicos iniciaron a tradición.
En Viveiro a Semana Santa vívese con paixón, e non se trata só dunha frase feita, xa que se implican nesta celebración a totalidade dos seus habitantes que participan dounha forma ou noutra. Fano con forza, con intensidade, con entusiasmo, co mesmo ímpetu que en xuño amosan na rapa das bestas ou en agosto na Romaría do Naserio.
E é precisamente esa paixón das xentes de Viveiro o que fai esta Semana Santa tan especial.
A Semana Santa é un dos principais reclamos turísticos da localidade e consegue ano a ano atraer milleiros de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións. Pero, desde logo, non é o único.
Paga a pena coñecer un pouco máis desta cidade. E como toca tempo de fervor relixioso, é recomendable parar no patrimonio cultural da cidade do Landro. Pódese empezar o percorrido, por exemplo, pola Porta de Carlos V, o seu monumento máis representativo, de estilo plateresco español, e que constituía o principal acceso ao interior da cidade pola parte do mar. Preto está a igrexa parroquial de Santa María do Campo; empezada a construír no século XII, é un dos máis claros exponentes das igrexas urbanas galegas de estilo románico. Destacan o seu ábside e o fermoso rosetón da fachada, así como a súa magnífica cruz procesional de prata (do século XVI), considerada unha das máis belas e traballadas de Galicia.
Outros lugares de interese son o mosteiro da Concepción, un convento de trazas renacentistas construído no século XVII e rexido por relixiosas concepcionistas de clausura. Xunto coa igrexa de Santa María, forman un fermoso conxunto arquitectónico: dúas épocas en perfecta harmonía sobre o pavimento de pedra.
Nutrientes para o ánimo e alimento para os corpos
Cabo do convento da Concepción está a Calexa das Monxas, pintoresca ruela de aire gótico que vai desde a igrexa de Santa María ata a Porta do Valado, a máis antiga da desaparecida muralla, aínda que non se sabe de certo a época da súa construción e que rivaliza coa Porta da Vila ou do Santo Cristo do Amparo, do século XIII, e foi o acceso pola antiga calzada romana. Nunha hornacina interior garda as imaxes do Santo Cristo do Amparo, San Xoán e a Virxe María, nun fermoso retablo de madeira tallada, onde se indica que é do ano 1255.
Logo da penitencia...
E se tantas visitas espertan o apetito, en Viveiro e os seus alrededores non faltarán tentacións. Da súa inmellorable situación xeográfica, combinando mar, campo e río, a súa mesa conta con gran cantidade e variedade de produtos de excelente calidade, como todo tipo de mariscos, peixes de río e de mar e carnes. Ademais dos pratos típicos da gastronomía galega, na cociña vivariense cabe salientar as navallas ao lambe lambe e con arroz, a merluza do pincho á galega, bacallau con verdura, arenques con castañas, parrochas en tarteira e, sobre todo, bonito en rolo. Tamén os pastelóns de polo e de carne, torresmos con cachelos e carne en rolo.
Sobremesas
E para rematar, torta de Viveiro (con almendra e cabelo de anxo) e chulas. Cómpre facer a proba da exquisita repostería conventual das dominicas de Valdeflores: amendoados, mazapán, cabelo de anxo...
A carón da Galicia máis auténtica
Ben preto do punto máis septentrional da Península está Viveiro, unha vila cuxas raíces ancoran entre romanos e celtas e cuxo desenvolvemento tivo lugar entre os séculos XII e XV. Unha cidade que ten un centro histórico declarado Monumento Nacional e un importantísimo patrimonio artístico, comezando polos restos da antiga muralla medieval que resistiu os ataques de piratas no século XVI, incendios e inundacións. Aínda se conservan vestixios encostados a algunhas casas ou en pasadizos en tres das súas antigas portas.
Por calquera delas pódese saír a coñecer a Galicia máis auténtica, xa que desde este lugar todo está preto. Pero antes de partir, paga a pena coñecer un pouco máis desta cidade.
O que se ve desde o monte de San Roque
Próxima á Rúa Rosalía de Castro, de gran tipismo, atópanse a igrexa e convento de San Francisco, declarados conxunto histórico e artístico. Unha estrada conduce desde este monumento ao cume do monte San Roque, onde se divisa unha imaxe magnífica da ría, a máis grande do Cantábrico. Aos monumentos de Viveiro hai que engadirlles as súas paisaxes, praias e contornas como, por exemplo, o Souto da Retorta, considerado o eucaliptal máis antigo de Europa. Alí manda o Avó, un eucalipto que excede os 80 metros de altura e os dous metros e medio de diámetro; necesítanse seis persoas para abrazalo.
O seu litoral conforma tranquilas praias de ría aptas para os deportes náuticos, con extensos arenais e bos servizos. Merece a visita achegarse -mesmo en marzo-, por poñer un caso, á praia de Abrela, a seis quilómetros da cidade e compartida co veciño municipio de O Vicedo. É case salvaxe, con árbores chegando ata a mesma area. Na súa parte posterior atópase a lagoa dos Amidales, punto de reunión de infinidade de aves acuáticas.

0 comentarios:
Publicar un comentario