miércoles, 28 de diciembre de 2011

En Prensa (El Progreso) ''Estreamos cinco temas que arranxou Delio Represas''

Santi Noriega.

Hoxe é o tradicional concerto de Nadal.
Si, é o concerto de fin de ano que ven facendo a banda de música no teatro Pastor Díaz. Será ás oito e media da tarde e, aínda que é o día dos Santos Inocentes, non é unha broma, haberá concerto.


Haberá algunha novidade no repertorio?
É o concerto tradicional, con moitos temas de valses, polkas, pero este ano a novidade é que o director, Delio Represas, arranxou cinco temas novos que nunca tocara a banda. Son temas clásicos de distintos autores. O bo é que a xente vaia velo e disfrute das pezas novas que imos tocar.


Ensaiaron moito para preparalo?
Habitualmente ó longo do curso facemos ensaios os martes, mércores e venres. Esta semana ensaiamos luns e martes, fixemos ensaios xerais e onte un previo. Hoxe só queda afinar antes do concerto para dalo todo e que a xente o pase ben.


Teñen máis actuacións previstas?
Este concerto é un final de campaña. Agora temos un pequeño parón vacacional e cara a primavera é cando se retoman as actividades da banda.

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis