jueves, 7 de junio de 2012

Entrevista a D. José Antonio Álvarez (Dosi) director del Conservatorio de Música en El Progreso...

Entrevista a Don José Antonio Álvarez Neira (Dosi), director do conservatorio de Viveiro, publicada en el periódico El Progreso el 6 de junio de 2012.




Cal é o obxectivo dos concertos de fin de curso?

O obxectivo básico é achegar o conservatorio á cidadanía amosando as distintas agrupacións e especialidades, ademais de contribuir á dinamización cultural de Viveiro e a súa comarca.

Actúan tódolos grupos?

Prácticamente. Entre eles están o coro, os grupos da aula de adultos, que tocarán o venres no Casino, a banda do conservatorio, o cuarteto de clarinetes Sol en Cuarta, o de metais, a banda de gaitas, o grupo de acordeóns. Interveñen desde nenos hasta adultos.

Que supón para un neno?

Uns nervios tremendos, un reto importante, enfrentarse ó publico e tamén é como un premio ó feito durante o curso, algúns estudian pensando no concerto.

Por que son en distintos escenarios?

Para chegar á maior cantidade de xente, pois algunhas persoas non virían nunca ó conservatorio. A concellería de educación, de Covadonga Viamonte, pretende levalos ás parroquias a partires do inverno que vén, nos meses en que non hai tanto movemento cultural.

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis