sábado, 28 de enero de 2012

En Prensa (El Progreso) Laura Font gaña o cuarto concurso de carteis da Semana Santa vivariense


27/01/2012 - El Progreso (Viveiro)


A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro anunciou onte o nome dos tres gañadores do cuarto concurso de carteis da Paixón vivariense. María Laura Font, que reside en Madrid, alzouse co primeiro premio, dotado con 600 euros coa obra titulada Santa Veneración, na que a imaxe protagonista é a María Magdalena do grupo escultórico do Calvario.


Un desfile da Paixón de Viveiro (Foto: AMA) 

A autora usa como fondo a igrexa de Santa María, ante a que sitúa un Cristo coa Cruz. Trátase dunha composición feita con photoshop por esta deseñadora gráfica, que se presentou ao certame porque estivo en Viveiro cuns amigos. «Decateime pola prensa, busco concursos por internet», explica. Laura Font, quen concorre por primeira vez, empregou o logotipo da Semana Santa.

A gañadora explica que lle impactou a Virxe que venera a Cristo. «Acudín ao concurso coa idea de representar todo o que se vive. Gústame a Semana Santa de Viveiro porque é próxima, polo seu ambiente. Síntoa como algo relixioso, con sentimento, non como un espectáculo».

A organización do concurso seleccionou entre preto de 30 traballos aos gañadores, segundo indicou a portavoz da Xunta de Confrarías, María del Carmen López Gómez, Chipe, quen apuntou que «buscamos que chamen a atención, que non haxa que achegarse a el para saber o que quere divulgar, pero tamén valoramos que o tema sexa da nosa imaxinería, e dentro disto había variedade. O veredicto nunca é unánime, senón por maioría. Os carteis están numerados de xeito anónimo, é unha votación secreta».

Diversidade

A portavoz destaca que «as obras merecen a pena e son moi diferentes». O vivariense Germán Paleo quedou segundo (400 euros) cun cartel que ten como fondo a igrexa de San Francisco, iluminada por uns lóstregos, cun Cristo crucificado e a Virxe da Esperanza, titulado ‘Onte morte, hoxe esperanza'.

O terceiro foi David Rodríguez Casas, Catá (200 euros). quiense presentou por primeira vez cun cartel que inclúe un debuxo a lapis de San Pedro chorando sobre a ría de Viveiro, co fondo da igrexa de San Francisco e uns capuchones que pasan baixo a Porta de Carlos V. David Catá é fotógrafo e estudo Belas Artes e xa estivo a piques de presentarse o ano pasado.


0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis