miércoles, 27 de junio de 2012

Iniciada a demolición da igrexa de Díaz Freijo con xornadas de dez horas...


VIVEIRO
Iniciada a demolición da igrexa de Díaz Freijo con xornadas de dez horas


26/06/2012 - M.A.N. / El Progreso (Lugo)

Tareas de demolición do edificio de Díaz Freijo. (Foto: José Mª Álvez)

Os traballos de demolición manual e controlada da igrexa situada na rúa Díaz Freijo de Viveiro comezaron onte á primeira hora da tarde, segundo indicaron desde a empresa Torasa, responsable da execución da derriba do edificio, que non precisou canto durará o proceso, pero si que os operarios traballan durante dez horas por xornada,

Os operarios da firma colocaron redes ao redor da estada que suxeita a estrutura e desde o cal traballan coa finalidade de non salgan despedidas pedras do inmoble ao exterior. Ademais, situaron tubos cara ao interior para baixar o cascallo que se retira do convento. Os traballos discorren de momento con normalidade, «lentos, pero seguros» e sen ningunha incidencia, aínda que para hoxe está previsto contar con máis material que permita acometelos con maior facilidade.

A operación de derriba comezou polos pináculos situados na fachada norte, que é a que dá á rúa, onde un traballador controla a circulación das persoas, posto que non se permite o paso dos veciños residentes baixo a área de traballo mentres que se executan ditas labores, que se desenvolven co seguinte horario: de 8.30 a 13.30 horas, durante a mañá, e de 14.30 a 19.30 horas, pola tarde.

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis