lunes, 7 de abril de 2014

TVG: Viveiro prepárase para a Semana Santa...




TVG

Telexornal Mediodía FDS

Viveiro prepárase para a Semana Santa

Publicado o 06/04/2014 14:58


En Viveiro, onde tamén a Semana Santa está distinguida como de interese turístico internacional, contan este ano con alcanzar cotas próximas ó cheo total nos hoteis porque confían no tirón das súas procesións.

Os traxes están xa fóra do armario e os capirotes só pendentes de pequenos retoques. Faltan aínda sete días para a Semana Santa, pero en Viveiro xa se están ultimando os preparativos.

"A Semana Santa trabállase durante todo o ano. As confrarías, en particular, máis próximo á Semana Santa é cando fan o traballo máis intenso porque é cando hai que planchar os hábitos dos nazarenos.

"Mantemento de material, limpeza, revisión de fachóns, de que funcionen, que a roupa estea preparada, limpa e planchada e hai moito traballo que facer, despois hai que restaurar un pouco a imaxen sempre."

En breve comezará tamén a instalación dos pasos baixo unha carpa, onde se poden visitar as imaxes que saen en procesión, unha celebración que en Viveiro se remonta a fai oitocentos anos.

"En caso de chuvia, a xente pode apreciar a imaxinerían tan riquísima que hai en Viveiro, non soamente dos escultores antiquísimos que dan un valor extraordinario á nosa Semana Santa, senón os que se incorporaron recentemente, que non desprecian para nada aos anteriores."

Tradición, turismo e relixión danse a man na Semana Santa Viveirense, recoñecida de interese turístico internacional.

"Se conxuga a arte, a tradición, a fe -loxicamente que é o máis principal, a paixón, a cultura, o turismo"
"O factor un pouco litúrxico, máis de recollemento, máis tradicional, e despois o factor inevitablemente económico, que supón un impulso importante para a cidade".

Para os días grandes da Semana Santa agárdase unha ocupación hoteleira que se se cumpren as previsións rondará o cheo total.





Fuente: http://www.crtvg.es/informativos/viveiro-preparase-para-a-semana-santa-789007










0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis