martes, 8 de abril de 2014

TVG: A Semana Santa pode permitir a contratación de setecentas persoas na Mariña...

Galicia Noticias Mediodía

A Semana Santa pode permitir a contratación de setecentas persoas na Mariña

Publicado o 07/04/2014 14:12







Durante a celebración da Semana Santa, Viveiro triplica a súa poboación. Para atender os milleiros de visitantes que van á vila, os establecementos hostaleiros precisan uns trescentos cincuenta traballadores temporais, a metade dos necesarios en toda a Mariña.

"Na Semana Santa esperamos unha afluencia de corenta mil ou máis visitantes. Viveiro triplica case a poboación nestas datas. Para atender toda esta xente, é moi necesaria a contratación de máis persoal, sobre todo na hostalaría. O que fan é unha cotratación temporal para dar mellores servizos e dar atendido."

"Neste momento hai dúas persoas máis. Normalmente, neses días fortes como complemento adóitanse meter outras dúas persoas. Vai en función da situación, da demanda que hai e das reservas."

Prevese que moitos dos traballadores contratados sigan a traballar nos meses vindeiros. Cubrirán así a necesidade de persoal dos locais de hostalería durante o verán.

"Os tres meses de verán, e incluso outubro, déuselles algo de continuidade a eses contratos que se facían nestas datas. O que fan é que uns contratos que ían ser para dous ou tres meses ao final se alonguen ata catro ou cinco meses."

"É loxico que despois poidan pasar un mes ou un mes e medio tamén, por que en xuño xa estamos organizándonos para o verán."












0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis