viernes, 31 de mayo de 2013

En Prensa (Crónica3): La Reana en Viveiro...


La Reana en Viveiro

29-05-13


A Coral Polifónica Alborada de Viveiro, en colaboración coas Relixiosas Concepcionistas e a Concellería de Cultura do Concello de Viveiro, organiza un recital que se desenvolverá o vindeiro sábado 1 de xuño a partir das oito e media do serán na igrexa das Concepcionistas da man da Coral “La Reana” de Velilla del Río Carrión. Son 37 homes e mulleres, os que instados polo actual director, Acacio Hompanera, comezaron a contar no ano 2008. La Reana conta cun nutrido repertorio entre o que achegarán a Viveiro as pezas: Cuando voy a la aldea (Castilla), arr.: Eduardo Cifré Gallego; Castellana (Castilla), Guerrero Urreisti; Segador (Castilla), arm.: Pedro Aizpurúa; De colores (habanera), arr :J. Trayter; Era una flor (habanera), Jesús Romo; Atardecer (Asturias), Sergio Domingo; Ave María (sacra), J. Arcadelt; Oh señor delante de Ti (sacra), Carmelo Erdozain; Esta tierra (Pinares de Castilla Fco. Pino), Javier Busto; Barcarola (Cantabria), anónimo arr. a 4v A. Hompanera; Date la vuelta (cántabra), Arturo Duo Vital (1901-1964).

0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis