martes, 8 de abril de 2014

TVG: Ferrol e Viveiro ultiman os preparativos da Semana Santa...

Bos días

Ferrol e Viveiro ultiman os preparativos da Semana Santa

Publicado o 07/04/2014 10:14


Ferrol e Viverio viven xornadas de moita actividade previa á Semana Santa. Son días fundamentais para a hostalería da comarca, que manexa boas cifras de ocupación. Entre o mércores e o Venres Santo falan dunha ocupación próxima ao 100%.

Coma as demais confrarías, a da Mercé leva un ano preparando a Semana Santa de 2014. O traballo é máis intenso desde hai un mes. Cada domingo toca ensaio. Este ano hai programadas vinte e catro procesións. Vai ser a primeira Semana Santa desde que foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional, un recoñecemento que para os hostaleiros, podería traducirse en máis reservas. Ferrol agarda máis de 200.000 turistas. "A estas alturas as reservas chegan ao 60%. Agardamos un cheo total para o mércores, o Xoves e o Venres Santo".

Tamén en Viveiro teñen boas espectativas. Os traxes están xa fóra do armario e os capirotes só pendentes de pequenos retoques. "Mantemento de material, limpeza, revisión de fachóns, que a roupa estea preparada, limpa e pasada o ferro... Hai moito traballo que facer. Tamén hai que restaurar un pouco a imaxe".

As imaxes que van saír en procesión exporanse ao público. En Viveiro tamén agardan unha ocupación próxima ao 100% nos días grandes da Semana Santa.





0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis