jueves, 18 de abril de 2013

José Veiga: ''Agora non pararemos ata conseguir un museo''...




José Veiga: ''Agora non pararemos ata conseguir un museo''



18/04/2013 - Cristina L. Felipe / El Progreso (Lugo)

José Veiga. (Foto: José Mª Álvez)
A Semana Santa de Viveiro vive un dos seus momentos máis doces, pero os organizadores non se relaxan e xa pensan en novos retos, como conseguir locais para expoñer durante todo o ano a súa imaxinería. Veiga resalta a implicación do pobo e di que hoxe cada confraría «ten de media uns 600 integrantes».
JOSÉ VEIGA é un home «tranquilo» e non pegou un salto de alegría ao recibir a noticia, pero sí está «moi contento e moi orgulloso porque despois de tanto traballo se conseguiu un logro importante para Viveiro».
O traballo intenso foi no último ano, pero comezou tempo atrás.
Si, arredor do 2005. No 2006 empezamos xa a presentar a Semana Santa fóra: en Valladolid, Madrid, Gijón... xa pensando en dala a coñecer por España adiante e foi un éxito rotundo en tódolos sitios, sempre enchemos os auditorios. Vimos que a nosa Semana Santa atraía á xente e buscamos a proxección internacional a través dos xornalistas estranxeiros e tamén fixemos unha labor moi grande con xente de Viveiro que está no exterior, que fixo publicacións en xornais de Latinoamérica. Con todo iso sumamos os 53 artigos.
Que foi o máis difícil do proceso?
Conseguir a presenza a nivel internacional, o resto cumplía de sobra, tanto a nivel de imaxinería, historia, implicación do pobo, servizos de Viveiro... Pero esto non sería posible sen o apoio económico e persoal do Concello. Melchor sempre estivo implicado connós ao 100%.




0 comentarios:

Publicar un comentario

ShareThis