Bos días
Aumentan os turistas por mor da Semana Santa
Máis da metade dos pasaxeiros que chegarán ou marcharán de Galicia esta Semana Santa pasarán pola Lavacolla. As compañías ofertan pra estes días case cento cincuenta mil prazas. No aeroporto compostelán, un voo de Basilea chega cargado da emoción do reencontro durante estas vacacións. Aumentan tamén os que chegan camiñando a Compostela. No sector da hostalería falan aquí de recuperación moderada. Os hoteis composteláns de mellor categoría chegan a estar ao oitenta por cento da súa capacidade.
Na Semana Santa predominan os viaxeiros doutras partes de España. En Viveiro destacan o perfil familiar e a combinación que ofrecen de historia, arquitectura, gastronomía e espiritualidade.
A declaración de interese turístico internacional tamén axuda o turismo viveirense: os hostaleiros agardan colgar o cartel de completo nos días festivos.
0 comentarios:
Publicar un comentario