San Rosendo naceu o 26 de novembro do ano 907, preto de Santo Tirso, dunha familia nobre do norte de Portugal, cando esa zona xunto coa actual Galicia formaban parte do Reino Astur-Leonés, que atravesaba por unhas circunstancias moi difíciles pola invasión dos musulmáns que se achegaban polo sur, e dos normandos que entraban polo norte.
Na súa xuventude foi educado e instruído polo seu tío Sabarico, bispo de San Martiño de Mondoñedo, ata a súa morte, momento no que San Rosendo, con só 18 anos, foi elixido bispo desta diocese herdeira da de Dumio. Foi un bo pastor: evanxélico, pacificador, valedor dos pobres e reformador. Ademais foi fundador de varios mosteiros - a vida monástica era a súa verdadeira vocación - do noroeste peninsular, sendo o máis emblemático, o de Celanova (Ourense), onde finou con fama de santo o 1 de marzo do 977.
Resumindo, pódese dicir que San Rosendo foi monxe por vocación, bispo por obediencia e pacificador - outros din gobernador - de Galicia por necesidade.
Por Antonio Rodríguez Basanta
0 comentarios:
Publicar un comentario