Telexornal Mediodía
En Viveiro a ocupación hoteleira achégase ao 70 por cento
Boas expectativas de ocupación turistica tamén noutro dos destinos galegos na Semana Santa. En Viveiro estrean a declaración de interese turístico internacional da súa Semana Santa e xa se nota no aumento do número de visitantes.
O que predomina é o turista nacional e sobre todo o que viaxa en familia. Non faltan os galegos, e moitos, pero soen ser visitantes dun día que non pasan a noite na vila.
Veñen buscando historia, arquitectura, gastronomía, pero tamén a espiritualidade das procesións viveirenses.
Arestora a ocupación anda polo 70 por cento, pero os hostaleiros son optimistas e agardan rozar o completo nos días festivos. Moitos esperan ata o último momento para reservar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario