Páginas

lunes, 16 de septiembre de 2013

Suspenden a procesión magna de Vieiro pola chuvia...





Telexornal Mediodía FDS
Suspenden a procesión magna de Vieiro pola chuvia


En Viveiro quedaron sen procesión magna por mor da chuvia. Era a primeira vez que ás once confrarías sacaban todos os pasos á rúa. Facíano para celebrar que a Semana Santa foi recoñecida de interese turístico internacional.

Finalmente, as imaxes permaneceron expostas ó público pero cubertas por plásticos para que a chuvia non as danase.A auga impediu que Viveiro celebrase a súa procesión magna. Sería a primeira vez que saísen os once pasos xuntos. Escolleran esta data para celebrar que a Semana Santa viveirense foi recoñecida de interese turístico internacional, pero a chuvia -en setembro como na primavera- volveu facer acto de presencia e desluciu o acto previsto.

Pero a procesión non se levou a cabo porque a chuvia cada vez caía con máis intensidade.As imaxes levaban expostas todo o día; algunhas, as máis delicadas, protexidas por plásticos. Segundo se aproximaba a hora, coas miradas postas no ceo, a actividade concentrábase en pór e quitar a protección contra a auga. En Viveiro, esta procesión en pleno mes de setembro levantaba moita expectación.






No hay comentarios:

Publicar un comentario