Páginas

sábado, 27 de julio de 2013

En honor a la Virgen del Carmen de Celeiro...

¡Virxe Santiña do Carme
Nai das familias do mar
Protexe ós mariñeiros
Cando pasan do Puntal!

Todos están moi contentos
Porque ó sair para o mar
Levan gravada na alma
Á Santiña do peirao.


Aínda que non o parece 
Non esquecen de rezar
Oracións que aprenderon
No colo das súas nais.

Os que quedaron en terra
Vimos agora rogar
Que salves dos perigos
Ós nosos homes do mar.

A Santa Ana da Capela
Iremoslle Recordar
Que a súa filla María
É a patroa do mar.

Este porto de Celeiro
Non deixará de lembrar
A tódolos seus filliños
Que faleceron no mar.




No hay comentarios:

Publicar un comentario