A Semana Santa de Viveiro xa é Festa de Interese Turístico Internacional
17-04-13
A Xunta de Cofradías informa que onte foi recoñecido o proxecto polo que loitaban: a Semana Santa de Viveiro, declarada de Interese Turístico Internacional. Unha iniciativa que pouco a pouco colleu pulo e que agora se consegue, co anuncio da Secretaría de Estado de Turismo.
O presidente da Xunta de Cofradías, José Veiga, destaca que que é a primeira Semana Santa que ostenta este título en Galicia e norte de España e a primeira Festa de Interese Turístico Internacional da provincia de Lugo. Tamén agradece o traballo de todas e cada unha das oito fraternidades, ademais de toda a xente que de unha ou outra maneira colabora participando nesta tradición.
Despois deste anuncio, o seguinte paso é a publicación no Boletín Oficial do Estado que probablemente se fará efectivo nos vindeiros días.

No hay comentarios:
Publicar un comentario