Páginas

viernes, 5 de abril de 2013

En prensa: Os nenos de Viveiro inician hoxe as procesións da Paixón infantil


Os nenos de Viveiro inician hoxe as procesións da Paixón infantil
04/04/2013 - El Progreso (Viveiro)


A Semana Santa infantil de Viveiro arrancará esta tarde, a partir das 18.30 horas, na zona de Campo Urraca. Os nenos do municipio procesionan nestes singulares desfiles polas rúas da cidade do Landro con imaxes de reducido tamaño.

Os veciños do barrio e das inmediacións puxeron en marcha esta iniciativa hai xa máis de 40 anos. Entón unhas latas facían as veces de tambores para acompañar aos santos, que saían despois dunha primitiva cruz. Dende aquela, os pasos gañaron en vistosidade, renováronse e ampliáronse. Hoxe son reproducións a pequena escala da Paixón vivariense, aínda que os protagonistas son os nenos, que representan tódalas funcións que fan os maiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario