Páginas

viernes, 13 de julio de 2012

José Luis Moar: ''Arriscou a súa vida ao longo da súa existencia e o pobo debe coñecelo''...


Organiza unha exposición de Luis Cebreiro, o precursor de salvamento
José Luis Moar: ''Arriscou a súa vida ao longo da súa existencia e o pobo debe coñecelo''

José Luis Moar,  xunto a un proxector de cine.

03/07/2012 - Cristina L. Felipe / El Progreso (Viveiro)


Unhas 250 fotografías darán constancia da importantísima labor que realizou este home, que recibiu tódalas condecoracións posibles polas súas fazañas en operacións de rescate e axudou a mellorar a vida dos mariñeiros. A mostra inaugúrase o día 13 no conservatorio.

QUE A XENTE moza non saiba quen é Luis Cebreiro é «un delito, horroroso», en palabras de José Luis Moar, que coordina unha exposición sobre a súa vida, ao longo da cal rescatou a máis de 30 persoas en accidentes marítimos e foi o precursor do servizo de salvamento, ademais de conseguir a construción das vivendas sociais de Pénjamo, O Chao e A Atalaia.

De onde vén a súa relación con Luis Cebreiro?

Eu coñecín e tratei moito a Luis Cebreiro porque eu, igual que a maioría dos rapaces de Viveiro nos anos 40 ou 50, era das Flechas Navales e él era o director. Cando te fas adulto empezas a ver a xente que te rodeou e te marcou; a min deixoume unha profunda pegada e entón vin que a xente actual, os rapaces do século XXI, xa non saben nada de Cebreiro.
 
Como lles explicaría quen era?

Cebreiro foi un heroe nacional, estivo na prensa daquela época e foi recibido polo Rei persoalmente. Foi o heroe do naufraxio do Santa Isabel e salvou a deceas de persoas en distintas operacións. A sociedade de Salvamento de Náufragos deulle as súas tres medallas, de ouro, prata e bronce, por distintas intervencións. Ten tódalas medallas de salvamento, incluida a máxima distinción da Cruz Vermella; foi a persoa máis condecorada do século XXI neste eido. É un personaxe importantísimo na recuperación da vida humana no mar.

3 comentarios:

  1. Pero esto que es un blogger de Fotografia y de Fiestas o es un blogger relacionado con la Semana Santa de Viveiro? es que no lo tengo muy claro por que poneis todas las noticias .............

    ResponderEliminar
  2. ¿Carlos de que festas e fotografías falas? Sigo esta pagina desde hay moito tempo e solo se poñen fotografias da semana santa, das igrexas,etc.
    Se te refires ás fotos de Luis cebreiro, creo que teñen moita relación coa Semana Santa, investiga un pouco e comprenderalo.
    En canto ás festas, en Viveiro hai moitas festas e case todas elas creadas a partires dunha procesión, coma por exemplo o naseiro, o carme de pénxamo,celeiro,pescadería, San Roque, etc

    Ánimo Cofrades, non fagades caso desta xente.

    ResponderEliminar
  3. carlos ten razon o anonimo anterior, luis cebreiro ten que ver cos flechas navales, e os flechas navales ten que ver coa semana santa de viveiro. Por eso se fai referencia a este acto na noticia dos cofrades, e tamen nas propias festas, tamen ten que ver coa semana santa. ou pa ti non ten relacion?? por que se te das conta bandas da nosa semana santa teñen as suas participacions en distintas festas como son a banda tau, a banda da misericordia e a naval, ou como son nas festas de covas, festas de penjamo ou as festas de celeiro respetivamente, e tamen por non falar das distintas imaxes que procesionan nas respetivas festas, virxe do carmen, virxe de valdeflores, santiago , san roque etc. pa ti eso non ten relacion??

    ResponderEliminar