A Consellería resposta positivamente ao Concello sobre a necesidade de actuacións de urxencia tras o colapso de varias fachadas nun edificio inconcluso situado no casco histórico de Viveiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, vén de autorizar a realización das actuacións de urxencia sobre a edificación sita na rúa Díaz Freijo de Viveiro, logo do derrubo dunha parte importante das fachadas do devandito edificio. Concretamente, o inmoble trátase dunha construción indiana que comezou a edificarse no ano 1911 e cuxa execución quedou sen rematar.
A Dirección Xeral responde así coa a maior dilixencia posible á solicitude feita polo concello de Viveiro e presentada o día 7 de xuño. De feito, a resolución foi xa comunicada por correo electrónico ao propio Concello viveirense durante a mañá do día 8.
En todo caso, a intervención neste edificio pretende minimizar a posible afección aos inmobles contiguos e o risco para os viandantes. Segundo resolve a propia Dirección Xeral, as actuacións urxentes executaranse conforme as disposicións técnicas e de seguridade dos técnicos responsables e evitando en calquera caso danos a terceiros.
0 comentarios:
Publicar un comentario