Páginas

martes, 6 de marzo de 2012

A Xunta de Confrarías dixitaliza o arquivo da Semana Santa de Viveiro...

06/03/2012 - C.L.F. / El Progreso (Viveiro)


A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro continúa engordando o seu arquivo sobre a celebración grazas á colaboración cidadá e ao mesmo tempo dixitaliza os documentos para que non sufran deterioración polo paso dos anos, segundo deu a coñecer o arquiveiro e presidente do colectivo promotor, José Veiga.

A lista de contidos cóntase por centenares e, se os orixinais máis antigos remóntanse aos anos 30, outros documentos que engadiron a través da súa copia si teñen orixe séculos atrás, cedidos pola histórica Venerable Orde Terceira (VOT).

A iniciativa de reunir todo aquel documento, fotografía ou publicación ao redor da Semana Santa de Viveiro ao longo do tempo xurdiu hai unha década e o crecemento foi espectacular. «Sobre o 2000 empezamos a xuntar o que había, algún cartel, algún folleto de man...», empeza a contar José Veiga. Tamén nos inicios empezaron «a mirar por casas, cando había obras o algunha que se ía derrubar, mirábase se había algún material nos faiados». Así mesmo sumaron achegas particulares dos confrades, pero o maior movemento produciuse por mor de solicitar a colaboración cidadá, cuxa resposta foi moi positiva.

«Achegan moitas cousas, a maioría fotografías pero tamén algún programa de man antigo», di Veiga. De feito, grazas ás achegas chegaron a xuntar «unha colección completa de libros Pregón desde o ano 47», lograron completar a colección de programas de man desde os anos 40 e teñen case decata a colección de carteis. «Case todo foi de xente que foi cedendo lestes documentos ou deixándonolos para escanear», di. José Veiga engade que tamén cederon importante material confrarías como A Piedade.



Para Ver Más Noticias publicadas en la Prensa Relacionadas con la Semana Santa de Viveiro pulsa AQUí

No hay comentarios:

Publicar un comentario